INICIO
 
   
INICIO
NOS MOVEMOS
¿QUIENES SOMOS?
CONTACTAR - ASOCIARSE
TU OPINION
CALENDARIO
CALLEJERO
ENLACES
AXUDAS
GALERIA MULTIMEDIA
FOTO DENUNCIA
CULTURA
FORO


Encuestas
Gustache a web
 
« < Octubre 2008 > »
D L M X J V S
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
« < Noviembre 2008 > »
D L M X J V S
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6
« < Diciembre 2008 > »
D L M X J V S
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
 
feira franca 08 (3) feira franca 08 (60) P6230072 feira franca 08 (44) feira franca 08 preparativos (30) feira franca 08 (46) feira franca 08 (13) Conservatorio P6230116 feira franca 08 preparativos (52)
REUNION CON SRES. LORES E GUILLERME VAZQUEZ 14/04 Imprimir E-Mail
escrito por PRESIDENTA   
miércoles, 14 de mayo de 2008
O pasado mes de abril, varios membros da asociación tivemos unha reunión co Alcalde do concello de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e co concelleiro de seguridade cidadá Guillerme Vázquez.
 
O motivo da xuntanza era presentarnos como asociación así como tratar temas diversos que afectan e moito ó noso barrio.
 
A reunión celebrouse dentro dun ambiente cordial no que presentamos as nosas inquedanzas, das que destacan as seguintes:

 

  • No que respecta as beirarrúas de Pintor Laxeiro, pediron paciencia, para que os promotores habiliten as zonas públicas e así poidamos ter servicios por ámbo-los dous lados. Non conseguimos compromiso algún pola súa banda nesta ocasión, pero seguirémolo intentando dada a importancia deste tema. Instámolos tamén a que melloren o paso de peóns de Conde Bugallal a altura de Pintor Laxeiro.
  • Un compromiso que sí adquiriron foi o de cambiar as bandas sonoras da avenida Juan Carlos I por pasos “sobreelevados”.
  • Guillerme Váquez mostrouse disposto a estudiar a colocación de algún paso de peóns na rúa Camposanto.
  • Mostrámoslle tamén a preocupación pola velocidade coa que baixan os vehículos na rúa San Mauro, e o estreito das beirarrúas en algún dos seus puntos.
  • Transmitímoslle tamén o estado das rotondas ou a carencia de éstas. No que respecta a Avenida de Lugo temos que esperar a o ano 2009, cando está previsto a cesión polo Ministerio de Fomento de dita vía, así como de Loureiro Crespo ata a altura da pasarela do tren. Sí están de acordo coa restauración da rotonda de Loureiro Crespo con San Mauro, debido ó estado que mostra na actualidade, esperando que o fagan a maior brevidade posible. Neste punto incluíuse a perigosidade do paso de peóns a altura da rúa Forcarei e Rodríguez Seoane.
  • Un tema importante para nós e a falta de aparcamento na zona, o que se agravará aínda mais coa apertura dos centros públicos previstos (centro de saúde, instituto integrado de educación secundaria, galescola,…). Confirmaron que por ahora non está previsto habilitar ningún aparcamento público por considerar que, de momento, non existe demanda suficiente. De tódolos xeitos nós insistimos na problemática que existe e que empeorará en fechas próximas.
  • Por suposto instamos a Guillerme Vázquez a un aumento da presencia policial para evitar o vandalismo (rotura de equipamento público, pintadas, botellón, etc.), mostrándose o concelleiro bastante escéptico no sentido de que unha maior presencia policial vaia mellorar dita problemática. Seguiremos reiterándonos neste tema. Eso sí, pedimos a todos os veciños que cando se produza algún acto vandálico contacte co 092, para ter argumentos suficientes en próximos contactos.

Foron moitos máis os temas tratados, se alguén ten algúnha dúbida de estes ou outros temas póñanse en contacto coa asociación nesta páxina web, e contestaremos calquera inquedanza. Eso sí, nós seguiremos insistindo para que todos melloremos.

A presidenta.

 

Modificado el ( lunes, 23 de junio de 2008 )
 
< Anterior
   
   
 
© 2008 Asociación Veciñal M.Q. Pedra do Lagarto | desarrollada por César Maquieira