|
NOVA PAXINA DE CULTURA DO CONCELLO |
|
|
|
escrito por Maqui
|
|
sábado, 07 de junio de 2008 |
|
Editamos directamente o que pon na páxina da sua presentación:
"Pontevedracultura.org é desde hoxe o principal punto de encontro virtual do mundo da cultura pontevedresa. Actividades e eventos, axentes, asociacións, equipamentos e, en definitiva, todo o referente á cultura da cidade e o seu contorno forman parte deste novo portal.
A web está incluída nun proxecto máis ambicioso acollido ao programa Cidades Dixitais 2007-2010, financiado Consellaría de Industria, o ministerio e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Este programa apoia aquelas iniciativas relacionadas coas novas tecnoloxías que teñan unha marcada orientación social.
A Concellaría de Cultura iniciou no mes de decembro os traballos para poñer en marcha un xestor de contidos que fose capaz de almacenar e publicar en liña todos os recursos culturais do Concello. O resultado foi un potente programa baseado en software libre que permite administrar eventos, espazos, axentes culturais e noticias asociados a sete categorías temáticas: música, artes escénicas, cinema, arte, letras, cursos e charlas, varios e unha parte especial para as nenas e nenos.
Ademais, o xestor tamén ofrece a posibilidade de publicar galerías fotográficas e vídeos, xa sexa creados polos administradores/as ou enviados polos internautas previamente rexistrados. De feito, a participación social é un dos principais cometidos de pontevedracultura.org -a parte web do xestor-, dado que calquera persoa pode propoñer eventos de axenda e outros contidos para que se publiquen.
O proxecto conta cun orzamento de 62.000 euros distribuídos nas anualidades de 2007 e 2008. A Consellaría de Industria subvencionou case o 59 por cento desta contía."
Agardamos que non sexa outro intento fallido de innovación por parte da nosa adminitración, e que manteñan se no e diariamente con frecuencia o programa cultural tan variado da nosa cidade.
Escribe tu comentario (0 Comentario[s])
|
|
Modificado el ( sábado, 28 de junio de 2008 )
|
|
|
Evento Literario-Musical 22/05 |
|
|
|
escrito por Presidenta
|
|
martes, 13 de mayo de 2008 |
|
El pasado 22 de mayo se celebró en Pontevedra un evento literario-musical contando con el auspicio institucional del Consulado General de la República Argentina en Vigo.
invitación
Si quereis saber más sobre esta escritora leer a continuación
Marian Muiños |
|
Modificado el ( sábado, 07 de junio de 2008 )
|
|
|