INICIO arrow FORO
 
     
               ¿Quiere registrarse?
Pedra do Lagarto
Bienvenido(a), Invitado(a)
Por favor Ingresa o Regístrate.    ¿Perdiste tu contraseña?
FEIRA FRANCA 2010 (1 viendo) (1) Invitado(s)
Ir al fondo Publicar respuesta Favorito: 0
TEMA: FEIRA FRANCA 2010
#413
Contacontos (Usuario)
LAGARTO
Publicaciones: 47
graphgraph
Usuario fuera de línea Haz click aquí para ver el perfíl de este usuario
FEIRA FRANCA 2010 2 Años, 8 Mess ago Karma: 1  
Chegou o día da Feira Franca e disfrutamos dunha magnífica festa e un estupendo xantar.
A compañía: inmellorable.
E o esceneario espectacular. Outras comidas presentan montaxes moi engalanadas, con tremendos manteis, tapices e escudos. Pero nós temos mesas e bancos de verdade, na nosa montaxe non hai "prefabricados" que haxa que ocultar. Todo é xenuino.
Agora ben, coido que hai un par de aspectos "menores" a mellorar en vindeiros anos.
O primeiro é que, tras o esforzo físico e económico feito para ter un "cuberto" e unha mesa perfectamente ambientados na época, non podemos ter unha ducia de caixas de cartón e bolsas de plástico ciscadas polo muro adiante. A impresión é penosa. Quizáis habería que substituir as caixas do menaxe por un arconciño (dixen ARCONCIÑO, Juan) como teñen noutras mesas para gardar todo o menaxe (ou enxobal, que se di). Igual viña ben ter tamén algún biombo. Respecto das bolsas de plástico (e non miro para ninguén...) cada un deberá ter coidado de levar un saco, cesto ou calquera outro continente máis axeitado. Mesmo unha cesta quedaría moi "cuca".
A segunda cuestión é que, agora que o fundamental (a infraestructura) xa parece estar resolta para todos os anos (falta unha loniña branca impermeable), o vindeiro ano deberamos profundizar no aspecto organizativo. Coido que debemos establecer CON SUFICIENTE ANTELACIÓN os diferentes equipos que van levar a cabo cada unha das funcións.
Non me parece xusto que haxa un grupo de xente que se erga ás 6 da mañán para conseguir que a estructura e as mesas estén totalmente rematadas ás 11 e ás 12:30 estén as mesas sen poñer. Parte da filosofía do tema está en "poder presumir" da nosa mesa e iso implica ter todo perfectamente decorado antes das 12 como fan no resto das mesas. Polo tanto, despois de que 8 persoas traballasen de 7 a 11 para ter o máis pesado disposto, a esa hora deberamos ter xa dúas persoas que en media horiña dispusexen toda a "decoración menor".
Dentro do mesmo aspecto, non me parece xusto que unha persoa se teña que erguer ás 6 para transportar, descargar e montar toda a estructura e mesas e despois sexa o último en chegar a xantar por ter que irse a Viascón a buscar os callos.
Insisto, o ano que ven TEMOS que organizarnos con tempo para que a carga de traballo non recaia sempre sobre os mesmos (e non o digo por min senón por outros que apandan con case todo o traballo). Unha semana antes, cada un ten que saber a súa función e os seus horarios sen ter que estar esperando a que veña a presidenta a dicirlle o que ten que facer (ou facelo ela mesma).
Conseguindo isto, a organización será PERFECTA.
Unha aperta a todos.
 
Reportar al moderador   Reporte guardado Reporte guardado  
  El administrador ha deshabilitado la escritura pública.
      Temas Autor Fecha
    thread link
FEIRA FRANCA 2010
Contacontos 07-09-2009 10:49:41
Ir al inicio Publicar respuesta
Obtén las últimas publicaciones directamente en tu lector RSS
   
   
 
© 2008 Asociación Veciñal M.Q. Pedra do Lagarto | desarrollada por Makinet