Ofrezo GRATIS a montaxe de vídeos (títulos, música, etc...) dos actos da Asociación.
Como vexo que non hai colgado un vídeo da Feira Franca, se alguén se encarga de recopilar o que poida haber dos diversos cámaras que había ese día (vídeos e fotos) antes de Antroido teremos un vídeo "sssspetacularrrr".
Pensadeo.
Poden ser o principal medio de promoción entre a veciñanza para que se acheguen a nós e participen e propoñan novas actividades.
Por certo ¿haberá alguén no barrio co valor suficiente para dirixir un equipo de fútbol de nenos? Temos unhas instalacións deportivas impresionantes no Sagrado que non creo que houbera problema para utilizar as fins de semana.
Un tema que se tratou medio en broma no Magosto foi a elección dun día do ano para facer a festa do barrio. Un sábado no que celebrar unha xornada de convivencia desde a mañán con todo tipo de actividades para nenos e maiores e "xantar popular" incluido. Con tempo e os contactos adecuados pode sair algo interesante sen un grande custo económico.
