A ver Maqui. Infórmame un chisco.
Vexo un par de comentarios "inconexos" sobre o Magosto pero non me aclaro.
¿Sabemos xa cando é?
¿Vaise facer a excursión previa para fornecernos de materia prima tal como se falou na Feira Franca?
¿Os que curremos teremos dereito a papar unha boa carne ao caldeiro?

(Ben, isto último podémolo obviar).
A ver se alguén ten contactos para conseguir música en directo, eu podería indagar algo pero non me comprometo. Desde que poñen Alalá na TVG non hai maneira de pillar un gaiteiro coa axenda medio baleira.
En todo caso,

se me facilitan unha pandereta e cuarto litro dese licor café que pillou Mariano, eu comprométome a facer "ruido harmónico".
Bicos a todos

e encantado de volver ver vida intelixente por aquí.